IniciosociedadePremiados nun concurso a nivel galego proxectos empresariais do IES San Rosendo...

Premiados nun concurso a nivel galego proxectos empresariais do IES San Rosendo e do María Sarmiento

O instituto mindoniense levou o terceiro posto por un negocio de venta de plantas aromáticas e derivados, e o viveirense un accésit por un servizo de realización de recados e compras

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional fixo entrega dos premios do concurso Lanzadeiras!, enmarcado no programa Eduemprende, que durante o presente curso involucrou a 1.442 alumnos e 171 profesores de doce centros educativos de secundaria da provincia de Lugo. O IES San Rosendo de Mondoñedo recibiu un terceiro posto e o IES María Sarmiento de Viveiro un accésit.

O alumnado de primeiro curso do ciclo formativo de grao medio de xardinería e florería e do ciclo formativo de grao superior de xestión forestal e do medio natural do IES San Rosendo de Mondoñedo acadaron o terceiro posto cunha miniempresa dedicada á venta de plantas aromáticas, de produtos obtidos delas con fins biosaudables, culinarios ou cosméticos, e de fragrancias e fitosanitarios.

O IES María Sarmiento de Viveiro levou un accésit por proxectar una empresa de servizos para realizar recados e compras -no comercio local- para persoas que non poidan facelos por si mesmas.

Alumnado do IES María Sarmiento recibe o premio. AXM

ENTRE 500 E 2.000 EUROS

No conxunto da provincia presentáronse 23 proxectos en distintas especialidades, elaborados polo alumnado co asesoramento dos docentes en cada materia. Os premios teñen dotación económica que achega a Fundación Alcoa, e oscilan entre os 500 euros para os accésits e os 2.000 euros para o primeiro premio.

“CULTURA EMPRENDEDORA” NOS CENTROS

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que o plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia “é unha aposta clara e firme da Xunta pola implantación nos institutos galegos da cultura emprendedora, porque emprender é sinónimo de innovación, de mellora da competitividade das nosas empresas, de crecemento económico e da posibilidade de xerar máis e mellores oportunidades de emprego”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...